A internacionalización, como resultado exitoso do impulso colectivo das empresas da nosa  rexión, e especialmente para as pemes, supón a confirmación do valor engadido do seu modelo de negocio e, polo tanto, é una fonte de mellora continua da competitividade.
A internacionalización achega ás empresas a posibilidade de aumentar o seu tamaño e acadar maiores economías de escala, acceder a recursos inaccesibles ou caros no seu mercado de orixe, conseguindo economías de localización, mellorar a notoriedade e diferenciación dos seus produtos e marcas, entrar en contacto con consumidores máis esixentes e competidores máis eficientes que estimulan a súa innovación e desenvolvemento tecnolóxico e, en definitiva, mellorar a súa eficiencia económica e capacidade competitiva.

Mediante a realización do presente proxecto, Grupimar pretende lograr un significativo aumento na cantidade, calidade e impacto efectivo das súas exportacións, o afondamento na diversificación de destinos, consolidación de cota nos mercados maduros, apoio na ampliación de cota de mercados con menor presenza e maior potencial de crecemento futuro, busca e apertura de novos mercados.

Os obxectivos que Grupimar SL persegue una vez levadas a cabo as actuacións previstas na presente actuación serán fundamentalmente:

Mellorar o coñecemento e posicionamento de Grupimar SL nos mercados internacionais e consolidar a percepción de calidade e exclusividade dos seus productos.

Mellorar a competitividade da compañía.

Reforzar a nosa presenza nos mercados exteriores, ampliando o número de países e a diversificación dos productos internacionalizados.

Integrar a actividade exportadora dentro da cadena de valor de Grupimar SL, entendendo como algo crítico a súa estratexia de Internacionalización, dentro da propia estratexia corporativa da compañía.

Todo esto, vinculado ao carácter incentivador das políticas do Instituto Galego de Promoción Económica, da Xunta de Galicia e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

 

 

no replies

Leave your comment